Con estas palabras, na súa intervención como secretario xeral dos socialistas de Galicia, na Convención Nacional do PSdG que se celebra en Compostela, Xosé Ramón Gómez Besteiro deixou crara a súa intención de seguir liderando o partido.
Besteiro engadiu, en referencia a súa citación para que preste declaración como imputado no chamado ‘Caso de O Garañón’, que “este episodio xudicial afecta á miña vida persoal e á miña vida familiar, poñendo en cuestión incluso como paguei o único piso que teño a medias coa miña muller” e salientou que “amosarei, tal e como fixen durante toda a miña vida política, total transparencia e as explicacións que sexan necesarias para aclarar esta situación”.
Besteiro deicou ben craro a súa intención no que se refire á súa declaración xudicial, “tal e como comuniquei á saída da pasada Executiva, nas próximas semanas irei informando con claridade dos detalles do proceso”, e rematou repetindo, que a mesma non vai a afectar á actividade de oposición política ao Partido Popular .
“Tende por seguro que non penso deixar que este episodio afecte nin á imaxe do partido nin ás posibilidades claras que temos de acadar o Goberno de Galicia”, continuou o secretario xeral dos socialistas galegos, quen indicou que “lamentablemente, neste partido xa temos sonadas experiencias de compañeiros que a pesares de ser imputados nun proceso xudicial, logo elixidos pola cidadanía e posteriormente exonerados de toda sospeita, quedaron danados na súa honra e imaxe pública”.
Besteiro rematou afirmando que “síntome plenamente motivado para liderar e seguir construíndo este proxecto e ademais comprométome a facelo dende o lugar que se me permita que, de momento e agardo que por moito, será dende a primeira liña. Estou disposto, por tanto, a seguir liderando este proxecto mentres conte co voso apoio”.