A Consellería de Medio Ambiente vén de finalizar as obras de mantemento e conservación sobre o regato do Vao ao seu paso polo camiño de Abade, en Vigo.
Os labores consistiron na roza selectiva e na eliminación da masa de bambú e de atascos formados por ramas e restos vexetais. Ademais tamén se procedeu á reparación da marxe dereita do regato cunha manta orgánica.
O importe dos traballos foi de case 9.500 € e mellorouse o estado do leito do río nun treito de 100 metros.