
O alcalde informou este martes da aprobación, na reunión da Xunta de Goberno Local, do novo proxecto de execución de obra da fase II da bancada de Tribuna e a súa cuberta, no estadio municipal de Balaídos.
Unha vez aprobado o proxecto, cun importe de 5.234.000 €, o Concello abre o proceso administrativo -aprobación de pregos para a licitación, publicidade da mesma, apertura e valoración de ofertas para a adxudicación final e formalización do contrato- e prevé que as obras estean xa en marcha no mes de novembro ou, como tarde, a comezos de decembro.
O proxecto inclúe modificacións técnicas e de materiais, tanto para a cuberta como para a fachada do estadio, apuntou o rexedor. Ademais de demoler a cuberta existente para a instalación da nova, tamén se acometerá o reforzo da estrutura de suxeción.