Comarcas

Xosé Represas, alcalde de Ponteareas, renuncia ao seu soldo

Xosé Represas, alcalde de Ponteareas/Tresyuno Comunicación
Xosé Represas, alcalde de Ponteareas/Tresyuno Comunicación

O Concello de Ponteareas celebrou, o pasado martes, o primeiro pleno ordinario deste mandato no que o novo alcalde, fixo definitva a renuncia a cobrar seu soldo, unha das promesas que Xosé Represas fixo durante a campaña electoral, que permitirá crear unha partida orzamentaria de 28.762 € destinada a subvencionar a creación de postos de traballo na vila. A modificación orzamentaria precisa para facer efectiva tal decisión aprobouse na sesión plenaria de onte por maioría.

Dita modificación no orzamento tamén contempla a partida que o Concello de Ponteareas ten que asumir para aproveitar a subvención concedida polo Instituto Enerxético de Galicia, dependente da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, e que posibilitará a instalación dunha caldeira de biomasa na Escola Infantil Municipal.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.