Sucesos

Morre golpeado por unhas pacas de palla, en Castro de Rei

Un home faleceu onte golpeado por unhas pacas de palla que lle caeron enriba da cabeza. O accidente se produciu ó fío das 7 da tarde deste venres nunha granxa situada na parroquia de Bazar, no concello lucense de Castro de Rei.

Os servizos sanitarios mobilizaron o helicópero medicalizado con base en Ourense, pero anulou a saída en canto se confirmou o falecemento do traballador.

Tras recibir a alerta, o persoal de Emerxencias 112 Galicia pediu a colaboración da Garda Civil, que enviou unha patrulla ó punto.

También te puede interesar