Esta fin de semana se non te divirtes, e non comes e bebes ben, é porque non queres. O sábado 1 de agosto, é o día da Festa do Bonito en Burela, que chega á súa XXXI edición, na explanada do Porto. Á 11 da mañá será a Olimpiada da Costeira, antes da presentación da feira e o nomeamento de Asador Maior da XXXI Feira do Bonito, e a lectura do pregón, ás 2, a cargo de Mario Ferreira López.
Dende as 2 e media chega a hora da degustación do bonito-tamén hai sen glúten-: cada ración leva bonito asado á grela, cocido, empanada de bonito e pan a un prezo de 8€.
O mesmo sábado, tamén, a Festa do Pemento de Herbón, dende as 10 e media da mañá, na parroquia de Herbón; ás 11 e media desfile agrícola motorizado; a 1 e media, lectura do pregón e nomeamento de Cabaleiro e Damas da Orde do Pemento de Herbón, ademáis da entrega dos Pementos de Prata, premio Xove Pementeiro e premio Sabio Pementeiro.
Logo dos actos, os presentes poderán degustar, de balde, os famosos pementos de Herbón e disfrutar da sesión vermú que empezará ás 2.
Segue a fin de semana, a Festa do Albariño en Cambados, que xa empezou o día 29, segu a fin de semana cos mellores caldos dos centos de adegas que se presentan ás catas. O horario do sábado desta festa, declarada de Interés Turístico Nacional, empeza ás 10 da mañá, no Salón Bazán do Parador de Cambados coa Cata Prima; as 12.00 horas o Tunel Profesional do Viño e a 1, paseo da Calzada a actuación de Turoqua. Ás 7 e media, Octopus Band ofrecerá un concerto na praza Alfredo Brañas e, as 10 da noite, comenzarán na praza de Fefiñáns os conciertos de Sofá Ambulante, Noite Fechada e Nancys Rubias. Ás 10 e media, as orquestas Venus Band y Son d´Vigo, na praza do Concello.
O domingo, día 2, ás 11, dará inicio a Cata Derradeira; ás 12, o Tunel Profesional do Viño, ás 2 menos cuarto, no patio de armas do Pazo de Fefiñáns a investidura das Damas e Cabaleiros do Albariño, e as 2, o desfile das asociacións culturais e grupos folclóricos de Cambados. Ás 2 e media, no Pazo de Torrado, o Xantar do Albariño onde se coñecerán os caldos gañadores.
Ás 7 e media da tarde, Rocking Corsarios actuará na praza de Alfredo Brañas; ás 8, Mamá Cabra, na praza de Fefiñáns e as 10 e media, na praza do Concello a actuación de la orquesta Podium. Ás 12 da noite, no peirao de Cambados, gran espectáculo Pirotecnico.
Tamén o domingo 2 de agosto, o concello ourensán de Oímbra celebra a súa Feira do Pemento de Oímbra, que comezará ás 11 da mañá coa salida do pasarrúas da Banda de Gaitas de Oímbra; ás 12, Concurso de Pratos de Cociñaás 2 os asistentes poderán disfrutar dun xantar popular.
Unha das citas obrigadas é a Romaría Vikinga de Catoira: milleiros de persoas acuden cada ano-dende 1960- o primeiro domingo de agosto no que os veciños, disfrazados de vikingos, toman a vila. A festa comeza ás 10 da mañá, nas Torres do Oeste – un conxunto fortificado do século IX- un dos legados arqueolóxicos e históricos máis importantes de Galicia- no que hai un mercado.
O desembarco, pasado o mediodía, faise nun barco vikingo do século XI, no que os invasores chegan para tomar as Torres: os veciños opoñen resistencia e empeza a loita na que os participantes acaban mollados de viño.
Logo do combate, todos disfrutan dun xantar con empanada, polbo, sardiñas, carne, e a diversión segue toda a noite.