Galicia

Extinguido o incendio de Palmés, en Ourense, que empezou o martes e que, segundo Medio Rural, quiemou 215 hectáreas

LumeA Consellería do Medio Rural informa da extinción do lume forestal rexistrado no concello Ourense, parroquia Palmés.

O incendio empezou o martes pasadas as 4 da tarde e, segundo as estimacións de Medio Rural, afectou a unha superficie de 215,5 hectáreas, 108 de monte raso e o resto de arborado. Na súa extinción traballaron 1 técnico, 27 axentes forestais, 68 brigadas, 27 motobombas, 2 pas, 12 helicópteros e 11 avións.

También te puede interesar