Galicia

Catro mortos e 82 feridos nas estradas galegas durante unha fin de semana tráxica

DSC_1083-2O 061 asistiu durante a fin de semana a un total de 86 persoas debido a 56 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas, dende as 3 da tarde do venres, día 31, ás 12 menos un minuto da noite deste domingo, día 2 de agosto. O maior número de atencións por sinistros rexistrouse o domingo con 24 accidentes.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 64 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 56 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 86 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 85. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a sete sinistros, o helicóptero medicalizado asistiu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 65 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en oito ocasións. As ambulancias convencionais mobilizáronse en catro ocasións.

En 76 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 6 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e catro persoas faleceron no lugar do sinistro.

También te puede interesar