Galicia

12.691 galegos menos anotados no INEM e un 96% de contratos temporais asinados en xullo

Traballando (1)As oficinas do Servizo Galego de Emprego tiñan anotadas nelas, en xullo, a 216.371 persoas, 12.691 menos que no mes anterior, segundo os datos do Ministerio de Emprego.

A baixada de desempregados rexistrouse o mes pasado nas catro provincias: A Coruña pechou xullo con 4.637 parados menos-quedando en 85.563 parados-; en Lugo déronse de baixa no INEM 1.658 persoas- o que deixa o total e parados rexistrados en 20.807-. En Ourense as listas teñen 1.451 demandantes menos- o número total de desempregados anotados quedou en pouco máis de 24.000- e en Pontevedra 4.945 persoas xa non están rexistradas- co que hai 85.893 desempregados en total-.

O mes pasado asináronse en Galicia 98.931 contratos de traballo, deles 92.896 foron temporais- preto do 94%- e pouco máis de 6.000 indefinidos- o 6%-.

También te puede interesar