O goberno local deu luz verde á adxudicación das axudas ao empleo para entidades sen ánimo de lucro. Nesta convocatoria, foron 50 as asociacións que se repartirán un montante de 795.000 €, que lles permitirá contratar ou manter no posto de traballo a 155 empregados.
Oito entidades veciñais e culturais recibirán 150.000 € para contratar a 15 persoas; 30 asociacións sociais e asistenciais poderán contratar a 57 persoas con 200.000 €; unha asociación sindical recibirá 100.000 € e dará traballo a 5 persoas; dez asociacións empresariais contarán con 47 postos de traballo subvencioanados e un orzamento de 200.000 €. Finalmente, unha comunidade de montes recibirá 145.000 € o que lles permitirá manter 31 posto de traballo.