Cultura Vigo al minuto

Este venres, si estás en Vigo, tes que pasar unha Noite Branca

noitebrancaEste venres, día 7 de agosto, podes participar nas actividades culturais de “A Noite Branca”, unha iniciativa, iniciada hai dous anos, pretende salientar o patrimonio e actividades dos centros que forman parte da Rede Museística e Expositiva do Concello (Pazo-Museo “Quiñones de León”, Verbum-Casa das Palabras, Pinacoteca “Francisco Fernández del Riego”, Casa Galega da Cultura, Casa das Artes, Fundación Laxeiro, MARCO-Museo de arte contemporánea de Vigo, Museo Liste-Etnográfico de Vigo e CAT-Centro de Artesanía Tradicional) dende unha perspectiva máis novidosa, nun horario amplo e singular, procurando maiores atractivos para a cidadanía viguesa e para as persoas que visitan a cidade nestas datas.

Ao igual que no ano anterior, súmanse os xacementos arqueolóxicos do Castro e o Centro de Interpretación do Mundo Romano (Toralla), dependentes da Concellería de Patrimonio Histórico; e nesta ocasión tomarán parte nesta iniciativa “Sede Afundación Vigo” e o Museo do Mar de Galicia.

A oferta, aberta a todo tipo de público, realízase seguindo criterios de gratuidade, participación da cidadanía, sustentabilidade e novidade.

O programa supón a ampliación do horario normal de funcionamento dos centros citados ata as 02:00 h (madrugada do sábado), excepto no caso do CAT (ata as 22:30 h) e mailo Museo do Mar de Galicia (ata as 24:00 h); ademais, inclúe unha serie de actividades paralelas como visitas guiadas, concertos musicais tanto nas rúas próximas como nos propios centros.

As visitas guiadas son gratuítas e teñen número limitado de asistentes en cada grupo, polo que algunhas delas precisan de reserva previa, que se realizará a través do 010 servizo de Atención Cidadá (de luns a venres, de 8 da mañá a 8 da tarde; sábados de 10 da mañá a duas da tarde; dende fóra de Vigo ou dende móbiles: 986.810.260), entre o luns día 3 e o xoves 6 de agosto, son:

Exposición “ESTRAÑO COTIÁN, a colección de artes decorativas no Museo “Quiñones de León”. Horarios: 20:00 h; 21:00 h; 22:00 h e 01:00 h. Sala de Arqueoloxía do Pazo-Museo “Quiñones de León” de Castrelos. Horarios: 20:00 h; 21:00 h; 22:00 h e 01:00 h. Xacemento arqueolóxico do Castro. Horarios: 20:00 h; 21:00 h; 23:00 h, 24:00 h e 01:00 h. Centro de Interpretación do Mundo Romano (Toralla). Horarios: 20:00 h; 21:00 h; 22:00 h, 23:00 h, 24:00 h e 01:00 h.

Te podría interesar