A provincia de A Coruña segue ardendo: tres incendios forestais están activos Toques, Teo e Lousame. Segundo a Consellería de Medio Rural, o lume de Toques, que empezou pasado o mediodía deste domingo, arrasou xa 135 hectáreas da Rede Natura. Na súa extinción traballan cinco axentes forestais, 13 brigadas, 7 motobombas, 6 helicópteros e 7 avións.
Pasadas as 3 da tarde, na parroquia de Tállara, en Lousame, declarouse outro incendio que, á hora de redactar esta información, xa consumirá 20 hectáreas. Un técnico, catro axentes, 13 brigadas e 2 motobombas intentan conter o lume.
Preto das 6 da tarde, empezou otro incendio en Cacheiras, parroquia do concello de Teo, no que decretouse o nivel 2 pola proximidade das lapas ás casas e a un depósito de gas. Segundo os veciños, podería ter superado as 30 hectáreas-dato que non foi confirmado por Medio Rural. Ata o lugar desplazáronse 3 helicópteros, 3 motobombas, 4 axentes e 1 axente forestal.