O alcale de As Neves manterá unha xuntanza co subdelegado do Goberno en Pontevedra e co responsable da Garda Civil de Tui para “coñecer, de primeira man, as medidas a adoitar polos Corpos de Seguridade do Estado para afrontar os asaltos e roubos en casas do concello”.
Xosé Manuel Rodríguez Méndez, tivo unha conversa telefónica con Antonio Coello, na que quedou pechada a entrevista e na que informou polo miudo ao subdelegado dos roubos que se produciron en As Neves nos últimos meses e a “preocupación que os mesmos están a xerar nos veciñanza”.
Rodríguez Méndez, ademáis, pedirá que os responsables dos Corpos de Seguridade expliquen aos cidadáns qué medidas de autoproteción deben tomar para evitar os roubos e asaltos é como actuar no caso de fosen víctimas deles.
Logo de manter a xuntanza co subdelegado do Goberno e co responsable da Garda Civil, o alcalde convocará aos voceiros dos grupos políticos municipais-Partido Popular, Bloque Nacionalista Galego e Partido dos Socialistas de Galicia- para dar conta do tratado e para escoitar as súas propostas para garantir a seguridade dos cidadáns.
Un dos primeiros pasos para a mellora da vixianza, foi a incoporación dun novo vehículo para a Policía Local, entregado polo Goberno de Galicia a As Neves, sen custo algún para o Concello, que permitirá conservar o coche actual, co cal aumenta o parque móbil municipal sen que iso supoña unha carga económica para os veciños.