Galicia

500 hectáreas ardendo en Galicia mentres Feijóo está de visita ao balneario de Mondariz con Rajoy

4Segundo a información da Consellería de Medio Rural, este martes pola mañá estaban activos en Galicia varios incendios que afectaban a preto de 500 hectáreas. Dende as 9 e media da noite deste luns, o da parroquia de Pradorramisquiño, no concello ourensán de Viana do Bolo que, segundo estimacións provisionais afecta a 200 hectáreas de Rede Natura. No seu control traballan 2 axentes forestais, 7 brigadas, 5 motobombas e 1 pa.

Tamén en Ourense, segue ardendo o da parroquia de Vilariño, en Pereiro de Aguiar, que afecta a 30 hectáreas de superficie. No seu control levan traballado 5 axentes forestais, 15 brigadas, 10 motobombas, 10 helicópteros e 8 avións. Neste lume foi preciso activar a Situación 2 como medida preventiva, que quedou desactivada ás 10 e media da noiote de onte.

Dende a 1 e cuarto da mañá, está ardendo a parroquia de Carnés, no concello coruñés de Vimianzo, que afecta a 100 hectáreas de superficie. No seu control levan traballado 5 axentes forestais, 11 brigadas, 7 motobombas e 2 pas.

Ás 11 da noite quedou estabilizado, non extinguido, o lume do concello ourensán de Entrimo, na parroquia da Pereira, que afecta a 50 hectáreas dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Na extinción deste lume levan traballado 1 técnico, 3 axente forestais, 13 brigadas, 8 motobombas, 6 helicópteros e 5 avións.

Segue controlado. sen apagarse, o incendio do no concello coruñés de Lousame, parroquia de Tállara, que afecta, segundo estimacións provisionais, a unha superficie de 40,68 hectáreas. Este lume iniciouse ás 3 da tarde do domingo e na súa extinción levan traballado 1 técnico, 8 axentes forestais, 26 brigadas, 10 motobombas, 2 pas e 4 helicópteros.

Á mesma hora que están ardendo, a lo menos, 500 hectáreas en Galicia e que nas pasadas 48 horas se rexistrasen 141 lumes no país, o presidente do Goberno galego está falando da entrevista entre o ministro do Interior e Rodrigo Rato e acompañando ao presidente Rajoy a unha visita ao Balneario de Mondariz.

También te puede interesar