
Os servizos de extinción de incendios traballan á hora de redactar esta información nun incendio que se declarou, pasadas as 5 e media da tarde na parroquia de Tortoreos, en As Neves, e que afecta a unha zona de monte.
O lume, que segundo o alcalde, Xosé Rodríguez Méndez, está controlado, afecta á unha extensión de arvores entre a devandita porroquia, no barrio do Monte, e a de Meder, en Salvaterra.

Rodríguez asegurou a vigoalminuto que o servizo de extinción chegou aos poucos minutos de que prendese, preto do Pazo da Merced, e chegase ate uns viñedos, a uns 300 metros dunhas casas que non corren perigo.
O alcalde sí que deu aviso á Garda Civil para que cortase o tráfico na estrada vai da A-55 a As Neves dado que o fume fai moi complicada a visibilidade na mesma e é un perigo para os conductores, polo cal, na mesma xa está unha dotación para evitar que pasen os vehículos mentres rematan os traballos de extinción das lapas.