Cultura

Feijóo di que en Galicia hai «un problema» co lume e que non ten que ver coa recalificación de terreos queimados

El presidente Feijóo/Tresyuno Comunicación
El presidente Feijóo/Tresyuno Comunicación

Galicia ten «un problema» cos incendios. Esa é a opinión do presidente do Goberno galego, tal e como dixo nunha entrevista concedida a Radio Nacional de España (RNE). Alberto Núñez Feijóo lembrou que hai persoas que prenden lume para facer dano, repetindo o que leva decindo varios días a súa conselleira de Medio Rural.

«Cando a maioría dos incendios empezan pasads as 8 do serán, que é cando os helicópteros teñen pouco tempo para voar xa, porque chega a noite, está craro que hai un problema: que hai incendiarios».

Sobre a posibilidade de que o aumento do número de incendios teña que ver coa nova Lei de Montes- aprobada no Congreso cos votos de PP, UPyD, UPN e CiU– o presidente foi terminante, «non», dixo, subliñando que os lumes non teñen que ver con motivos urbanísticos nin co feito de que ata o dagora houbese que esperar 30 anos para edificar nunha zona queimada e ese requisito desaparecese.

Ademáis de botarlle a culpa aos incendiarios, Feijóo tamén sinalou como outro motivo dos incendios a despoboación no rural, xa que a mesma «fai que os montes estén menos coidados», ainda que reiterou que a culpa a teñen os que queiman o monte.

O presidente do Goberno de Galicia, que non comentou as denuncias dos membros dos equipos de extinción polo desmantelamento e privatización dos mesmos, a rebaixa de persoal, os recortes en material ou a falta de formación e cualificación, agradeceu o seu traballo decindo logran que «non se queimen máis de 250 ou 300 hectáreas, evitando grandes incendios».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.