A 5ª Edición do Torneo de Baloncesto 3×3 que organizará o Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia nas pistas do Colexio Seis do Nadal os próximos días 21 e 22 de agosto do 2015 xa ten padrino, un padrino da Liga Endesa: Alberto Abalde, xogador nado en Ferrol e que milita actualmente no Joventut de Badalona.
Abalde formou parte na última tempada do filial do Joventut que milita en LEB Oro e estivo moi presente no primeiro equipo no que disputou esta campaña dezasete partidos. De cara a próxima tempada 2015/2016 o xogador do Joventut vivirá a súa primeira tempada íntegra coa primeira plantilla.
Alberto Abalde tamén formou parte das seleccións españolas en categorías inferiores e neste verán conseguiu proclamarse subcampión do Campionato de Europa Sub20 disputado en Lignano Sabbiadoro (Italia), repetindo de novo a prata que conseguiu o verán pasado no Europeo Sub20 celebrado en Creta.
“Para o Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia é todo unha honra contar con Alberto Abalde como padrino do 5º Torneo de Baloncesto 3×3”, que aínda ten o prazo de inscrición aberto ata o próximo mércores 19 de agosto do 2015.