Comarcas

O alcalde de Redondela mantense firme e rexeita as obras de Audasa no Colexio da Igrexa a poucos días de que empece o curso

Javier Bas, alcalde de Redondela
Javier Bas, alcalde de Redondela

Concelleiros do goberno municipal de Redondela reuníronse, este mércores, cos afectados polas obras da AP-9 en Chapela para amosarlles o seu apoio e manifestar a negativa do Concello á realización das obras na contorna do colexio de Igrexa.

Á reunión, convocada polo goberno municipal, asistiron representantes de Audasa, Anpa do colexio e a Plataforma de Afectados. Carmen Amoedo, alcaldesa accidental, e os concelleiros Arturo González e Teresa París, trasladaron a postura do alcalde, Javier Bas, expresando a súa negativa a que, por parte de Audasa, se dea comenzo a calquera obra na contorna do colexio Igrexa, a poucas semanas do inicio do curso escolar e sen que estea constituída a Comisión de Seguimento das Obras.

O goberno municipal, con independencia das razóns que motiven a Audasa, oponse a que Audasa modifique o seu plan de traballo, que contemplaba a realización das obras na contorna do colexio ao finalizar o curso 2015-2016, oposición que foi trasladada a Audasa como puideron comprobar os asistentes.

O concelleiros presentes trasladaron aos reunidos a firme defensa do alcalde dos intereses do veciños e veciñas de Chapela e, en concreto, dos nenos e nenas do colexio e a vontade de Javier Bas de que se manteña o acordado nas reunións precedentes con Fomento e Audasa.

Asimesmo, o alcalde entende que sí existen otros asuntos a axilizar: a entrega dos terreos ao Concello para poder iniciar a elaboración do proxecto do novo colexio e o cambio de uso deses terreos, e que se convoque ás partes para a sinatura da correspondente escritura pública, máis cando o Concello ten coñecemento que o notario que debe autorizar esa escritura xa dispón da documentación necesaria. Esta postura foi apoiada pola Anpa e pola Plataforma de afectados.

O Concello é sabedor dos moitos sacrificios que está a soportar a veciñanza de Chapela, moitas veces sen ter previo coñecemento das accións que Audasa ten previsto realizar.

Segundo o Concello, “os redondeláns comprenden e soportan as necesidades de comunicación de municipios veciños, muitas veces cun coste social moi elevado, e o que pretende o goberno local é que se teñan en conta estas graves circunstancias, e que os veciños non teñan que aturar máis sacrificios que os estrictamente necesarios, e as debidas reparacións e compensación por ter que soportalos”.

También te puede interesar