Cincocentos tractores e milleiros de persoas sairon á rúa en Lalín, logo de que os tractores cortasen a entrada ao concello chegando, por estrada, dende Lugo, Santiago, Chantada, Melide, Vila de Cruces, Santiago, Ourense e Pontevedra.
Na terceira das mobilizacións-despois das de Chantada e Santa Comba- para esixir ‘prezos dignos e xustos’ para o leite, os gandeiros- apoiados por centos de veciños, aos que se sumou o alcalde e os comerciantes, que pecharon os seus negocios en apoio á reivindicación- volveron a pedir ao Goberno do Estado e ao de Galicia que fagan xestións diante das grandes compañías leiteiras que, lembraron, en moitos casos pagan entre 18 e 24 céntimos de euro polo litro de leite, un prezo que está por debaixo do custo de producción e que “está poñendo en perigo a supervivencia da metade das granxas do país”.