A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) pechará, o próximo 15 de setembro, a venda dos abonos para a nova tempada de teatro en Vigo. Ademais do aforro que supón o abono, un 20 % con respecto aos prezos dos billetes soltos, a fundación galega ten en marcha unha política de bonificacións e descontos para desempregados, xubilados e mozos que supón unha rebaixa adicional dun 10 %.
As entradas soltas para as dúas primeiras obras, ‘El eunuco’ e ‘As do peixe’, pódense adquirir xa dende o pasado 20 de xullo, mentres que as entradas específicas para o resto das obras poranse á venda a partir do 17 de setembro. Todas as compras poden realizarse a través das canles habituais de venda de Afundación en ataquilla.com e no teléfono 902 504 500.