Comarcas

A Policía Local de Ponteareas realiza máis de 100 probas de alcoholemia a conductores e denuncia a 4 deles

Control-alcoholemiaA Policía Local de Ponteareas realizou máis de 100 probas durante a pasada fin de semana, no marco da campaña de control alcoholemia impulsado pola Dirección General de Tráfico (DGT) e no que o Concello de Ponteareas colabora de maneira activa co obxectivo de garantir a seguridade nas vías do municipio.

O exercicio destas inspeccións saldouse coa denuncia de 4 condutores por delitos contra a seguridade nas estradas. Tres deles foron citados para un xuízo rápido este martes, 18 de agosto, e outro tentou fuxir, sendo localizado ao día seguinte.

Este condutor, veciño de Ponteareas, deu en primeira instancia os datos do seu irmán para poder evitar a multa e, no intervalo entre a primeira e a segunda proba, subiu de novo ao coche e fuxiu do lugar onde os axentes lle estaban realizando o control. Finalmente, os propios axentes localizaron o vehículo que este condutor usara esa noite e tamén a súa identidade real, polo que se lle imputará un delito de usurpación de identidade e outro por negarse a realizar as probas de alcoholemia.

A Policía Local interceptou tamén durante a pasada fin de semana a dous condutores que cuadriplicaban a taxa máxima permitida de 0,25 mg/l. Estas persoas terán que enfrontarse a unha retirada do permiso de condución durante un período de tempo que pode oscilar entre 1 e 4 anos.

Por último, os axentes locais pararon a un condutor que se negou, de maneira indirecta, a facer as probas de alcoholemia alegando que tiña asma. Esta persoa interrompeu o control en varias ocasións a pesar de que as autoridades lle indicaron o xeito de realizalo sen necesidade de insuflar ningún volume de aire, polo que se procedeu a imputalo por negarse a realizar a proba.

También te puede interesar