Non haberá acordo algún se o litro de leite se paga a menos de 34 céntimos de euro. Así de claro o deixaron os gandeiros da Organización de Productores de Leite que, nunha nota de prensa advirten de que rexeitan calquer acordo no sector que fixe un prezo inferior a ese.
Os gandeiros desbotan asinar calquera acordo, en relación coa xuntanza de este martes en Madrid entre algúns sindicatos e representantes dos gobernos galego e estatal.
No caso de que se asinase un compromiso no que o litro de leite estivese por baixo dos 34 céntimos, os gandeiros seguirán coas mobilizacións, sacando os tractores á rúa, como xa fixeron en Santa Comba, Chantada e Lalín.