Sucesos

78 feridos nas estradas galegas nunha fin de semana sen mortos

ambulancia-amarilla-061Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a un total de 78 persoas debido a 58 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do venres, 21 de agosto ata as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 23 de agosto. O maior número de atencións por sinistros rexistrouse o domingo con 25 accidentes.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 81. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a seis sinistros, o helicóptero medicalizado asistiu a unha persoa, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 57 ocasións e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en nove ocasións. As ambulancias convencionais mobilizáronse en oito ocasións.

En 67 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 11 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado.

También te puede interesar