Dende este luns pola mañá xa fincionan as conexións de Vitrasa ao novo hospital: en concreto, son dúas novas liñas, a H1 e H2 e a ampliación de percorridos das xa existentes, a 12B e 6. Deste xeito, segundo a concesionaria, os usuarios contarán con autobuses dende os principais ‘puntos quentes’ da cidade: cada 15 minutos dende Praza de América (H1+H2+12B), cada 20 minutos dende Praza de España (6+12B+H2) e cada 30 minutos dende Policarpo Sanz (12B+H1).
No contorno do hospital, os autobuses efectuarán ata tres paradas para deixar aos usuarios: na zona de consultas, en Urxencias e no acceso principal e para a recollida de pasaxeiros os buses realizarán dúas paradas, no acceso principal e en consultas.
En total, dende hoxe hai cinco saídas á hora dende o hospital en horario de mañá e catro saídas, en horario de tarde: de 07.15 a 15.30 horas saldrá do hospital un autobús cada 12 minutos e de 15.30 a 22.30 horas, un autobús cada 15 minutos.
O percorrido que realiza a liña H1 é, para a ida: Policarpo Sanz – Pi i Margall – Praza de América – Avenida Castrelos – Clara Campoamor e Hospital Álvaro Cunqueiro; e para a volta, partirá dende o novo Hospital – Clara Campoamor – Avda. Castrelos – Portanet – Fragoso-Camelias – Pi i Margall – Policarpo Sanz. A frecuencia é de 60 minutos en días laborables dende ás 07.50 ás 22.30 horas.
A liña H2 parte de Travesía de Vigo (Choróns) e segue por Pizarro – Praza de España – Praza de América – Avenida de Castrelos – Clara Campoamor – Hospital Álvaro Cunqueiro. A volta será dende o Hospital Álvaro Cunqueiro – Clara Campoamor – Avenida Castrelos – Gran Vía – Praza de España – Pizarro – Travesía de Vigo (Choróns). A frecuencia desta liña é de 30 minutos en días laborables pola mañá (dende ás 7.15 ás 15.30 horas) e de 60 minutos polas tardes (dende ás 15.30 horas ata ás 22.30 horas) e de 60 minutos en sábados, domingos e festivos.
A actual liña 12B que parte do Hospital Meixoeiro, que ata o momento remataba en Avenida Castrelos amplía o seu percorrido pasando por Pereiró, Rúa Canteiros, Manuel Cominges, Ramiro Pascual, Clara Campoamor e Hospital. A volta sería Hospital-Clara Campoamor – Ramiro Pacual – Manuel Cominges – Rúa Dos Canteiros – Avda. Castrelos – Portanet – Fragoso – Camelias – P.Sanz – Urzáiz – G. Vía – Pza. España – Avda. Madrid – Hospital Meixoeiro. A frecuencia da liña é de 60 minutos dende ás 06.50 ás 23.00 horas en días laborables, sábados e festivos.
A liña 6 que arranca en Praza de España e que actualmente remataba na igrexa de Beade, amplía o percorrido por Coutadas – Estrada Porto – Estrada da Venda e Hospital en días laborables. Á volta será como segue a continuación: Hospital – Estrada da Venda – Estrada do Porto – Ctra. Coutadas – Ctra. Bembrive – Alcalde Lavadores – Ceboleira – Pateira – Martínez Garrido – (Túnel) – Jenaro Fuente – Travesía Vigo – Pizarro – Plaza España. A frecuencia desta liña é de 60 minutos en días laborables.
Para os traballadores, a liña H2 realiza a súa primeira viaxe en García Barbón, en lugar de iniciar en Choróns, facendo percorrido por Sanjurjo Badía – Buenos Aires – Travesía de Vigo e continuando a súa ruta habitual.