O equipo dun dos helicópteros medicalizados do 061 de Galicia relizou, este martes, probas de voo e desembarco no heliporto sanitario do novo hospital. Segundo o Servizo Galego de Saúde (Sergas) o obxectivo das mesma era garantir o correcto funcionamento do mesmo antes da súa entrada en servizo prevista para comezos do mes que ven. O heliporto está conformado por unha plataforma elevada sete metros respecto da rasante principal da cuberta do Álvaro Cunqueiro.
O Sergas contará cun heliporto para a área sanitaria de Vigo que “mellorará a calidade asistencial dos pacientes trasladados polo 061 de Galicia, xa que permitirá acurtar os tempos de chegada ao hospital”.
Ata actualidade os pacientes atendidos polos equipos dos helicópteros medicalizados do 061 que eran trasladados ao hospital aterraban en Peinador, onde un equipo dunha ambulancia medicalidazada do 061 os trasladaba ao centro hospitalario.
“A posibilidade ingresar ao paciente directamente no hospital permitirá aos médicos da Central de Coordinación do 061 aumentar a mobilización do helicóptero para pacientes que ata agora se trasladaban directamente en ambulancia”.