A segunda edición festival de artes visuais “No tengo Mamá” celebrarase os días 27, 28 e 29 de agosto-dende as 4 e media da tarde deste xoves- na cafetería Detrás do Marco e nos arredores do Museo Marco.
“No tengo Mamá”, organizado por Seara Records, pretende ser un evento centrado no universo da autoedición e todos os seus matices, con especial predilección por aquelas publicacións gráficas, obras audiovisuais e traballos musicais que escapan dos formatos e contidos habituais e que existen unicamente grazas ao interese, persistencia e peto dos seus propios creadores.
O festival contará cunha variada oferta cultural nos postos dispostos no exterior para todos os gustos e idades. Ademais, no marco do festival desenvolveranse diversos concertos, talleres ou mesas redondas. Entre eles, o terceiro certame de curtometraxes e videoclips de baixo orzamento SEARA.MOV, que este ano se engloba dentro do ‘No Tengo Mamá’ e ocupa o apartado audiovisual do mesmo, desenvolvéndose ao final de cada un dos tres días que abarca o festival. Durante estas sesións proxectaremos unha selección dos traballos que nos chegaron a concurso, e o sábado 29 se presentarán os finalistas e se anunciará o gañador.