Foto: @BrifLaza/ Á hora de redactar esta información, dacordo cos datos de Medio Rural, o lume da parroquia de Lucenza, no concello ourensán de Cualedro superaba xa as 2.000 hectáreas. Nos labores de control participan 1 técnico, 9 axentes forestais, 20 brigadas, 13 motobombas, 2 pas, 6 helicópteros e 9 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).
Tamén en Ourense, permanece activo, dende as 2 da tarde de onte, o lume no concello de Viana do Bolo, parroquia de Pradocabalos. Segundo novas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 213 hectáreas. Nas tarefas de control participan 1 técnico, 9 axentes forestais, 34 brigadas, 14 motobombas, 5 pas, 9 helicópteros e 6 avións.
Activo, ainda que controlado, está o outro lume que se iniciou no concello de Viana do Bolo, parroquia de Pexeiros: segundo estimacións provisionais, a superficie afectada é de 70 hectáreas. Na súa extinción traballan 10 axentes forestais, 17 brigadas, 9 motobombas, 2 pas, 7 helicópteros e 2 avións.
Do mesmo xeito, non se extinguiu ainda o lume rexistrado onte pola tarde no concello de Manzaneda, parroquia de Cernado. Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada é de 250 hectáreas de Rede Natura. Na súa extinción participan 2 técnicos, 7 axentes forestais, 25 brigadas, 9 motobombas, 2 pas, 4 helicópteros e 4 avións.
Igualmente, ainda non foi apagado, ainda que está controlado o lume que se rexistrou ás 16:10 horas no municipio de Ourense, parroquia de Cudeiro. Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada é de 54,9 hectáreas rasas. Na súa extinción traballan 1 técnico, 11 axentes forestais, 27 brigadas, 21 motobombas, 2 helicópteros e 9 avións.
Tampou está extinguido o lume do Barco de Valdeorras, parroquia de Santigoso. Segundo últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 66,9 hectáreas. Na súa extinción participan 13 axentes forestais, 21 brigadas, 9 motobombas, 1 pa e 2 helicópteros.