Galicia

Dende este mércores pódense solicitar as axudas para libros de texto

LibrosO conselleiro Educación adiantou este luns na TVG que o mércores, día 2 de setembro, abrese o prazo para pedir as axudas para a compra de material escolar, segundo publicará mañá o Diario Oficial de Galicia (DOG).

Román Rodríguez sinalou que poden solicitar as mesmas as familias cunha renda anual igual o inferior a 5.400 €, que recibirán 50 € por cada neno en idade escolar e que os impresos de solicitude deberán presentarse nos propios colexios.

Ademáis, o conselleiro confirmou que, ao mesmo tempo, empezará a funcionar o banco de libros que será complementario coas axudas, non excluinte.

 

También te puede interesar