Sucesos

O lume segue en Cualedro, onde xa arrasou 3.000 hectáreas e onde segue traballando @BrifLaza

BrifLazaFoto: @BrifLaza/Segundo a información de Medio Rural, ás 10 da mañá estaba estabilizado-non extinguido- o lume da parroquia de Lucenza, no concello ourensán de Cualedro, que arrasou xa unha superficie de 3.000 hectáreas, segundo as últimas estimacións provisionais.

Nos labores de control deste lume participan 3 técnicos, 34 axentes forestais, 79 brigadas, 36 motobombas, 6 pas, 8 helicópteros e 9 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME) e @BrifLaza, que pese a levar 36 días de folga seguen actuando voluntariamente contra o lume e, ademáis informando do mesmo na súa conta de Twitter.

Tamén está controlado, non apagado, o lume rexistrado na parroquia de Pradocabalos, no concello ourensán de Viana do Bolo. Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada é de 198 hectáreas. Nas tarefas de extinción participan 1 técnico, 15 axentes forestais, 49 brigadas, 18 motobombas, 5 pas, 9 helicópteros e 6 avións.

También te puede interesar