
Segundo informa o noso compañeiro Raúl Salgado, en ferrol360.es, a totalidade do persoal de Diario de Ferrol secundou a segunda xornada de folga no rotativo, “pese ao cal o xornal chegou con normalidade aos quioscos. Unha edición con contidos locais reducidos á mínima expresión promovida pola dirección”.
Os traballadores indican que “todos os redactores, os seus dous fotógrafos e o persoal de Administración está secundando a folga convocada, así que, evidentemente, o xornal que atoparedes nos quioscos non é noso”.