Galicia

Centos de tractores seguen aparcados en Lugo para protestar polo prezo do leite

TractoresA conselleira de Medio Rural non foi convincente dabondo. Ainda que Rosa Quintana viaxou a Lugo para explicar aos gandeiros, que teñen os seus tractores aparcados na Ronda da Muralla dende o xoves, as xestións que está a facer para solucionar o problema causado pola baixada do precio do leite, boa parte deles decidiron seguir en Lugo, tamén este sábado, durmindo na rúa e agardando por máis productores que chegaran do resto da provincia e, previsiblemente, tamén de A Coruña.

A protesta seguirá en Compostela entre o 7 e o 10 deste mes– de luns a xoves da semana que ven- cunha mobilización á que se agarda que acudan máis de 5.000 tractores nas rúas da capital de Galicia.

También te puede interesar