
“Agradezco a candidatura e o fago con agrado, creo que a Federación de Municipios é un órgano moi importante para facer país”. Isto declarou o alcalde de Vigo logo de que a Comisión Executiva Federal aprobase que é o candidato dos socialistas para presidir a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), organismo da que é vicepresidente e que ten que elixir a súa nova directiva a finais deste mes.
Abel Caballero, que foi o que deu a nova, lembrou que o PSOE foi o partido máis votado nas Eleccións Municipais o pasado mes de maio.