Fotografías: Tresyuno Comunicación/Foron as que se despacharon este domingo, na tradicional festa organizada pola Federación de Peñas ‘El Olivo‘, os miles de personas que se achegaron a Castrelos: 3.500 quilos de mexilón ao vapor e os outros 1.500 que se serviron en empanada.
Os asistentes poideron acompañar este marisco, porque é marisco, con Albariño, pan de bolo, unha boa grela de carne e postres dende a tarta de mazá, de chocolate, de queixo, filloas ou madalenas.