Dende este luns, día 7, os pacientes de Alergoloxía, que ata agora tiñan que pasar consulta no Hospital Xeral, pasan a facelo no Meixoeiro.
Segundo o Goberno de Galicia, a unidade estará composta por catro médicos e outro tanto número de enfermeiros e ubivarase na primeira planta de consultas do hospital. As consultas, nas que tamén estará unha unidade de ‘desensibilización alérxica ao ovo’, ocuparán dez salas, “aumentando o espazo que había no Xeral”.