Milleiros de tractores chegados dende toda Galicia teñen colapsada as entradas e saidas de Compostela. Os gandeiros-parte dos cales seguen ‘acampados’ cos seus vehículos tamén en Lugo- atenderon o chamamento do comité en defensa do sector leiteiro e paralizaron a capital de Galicia para esixir, de novo, “un prezo xusto para o leite”.
Os voceiros de Unións Agrarias lembraron que a concentración coincide coa xuntanza dos ministros de Agricultura da Unión Europea en Bruxelas aos que esixen, “de novo, co apoio dos productores” que “suban os prezos de intervención do leite”.
Os gandeiros advirten que si non se toma esta decisión máis da metade de todas as granxas de Galicia entrarán en perdas e terán que deixar as explotacións, algo que, subliñaron, “non imos permitir”.
Se non hai unha decisión dos responsables de Agricultura neste senso, “a aprobación de prezos mínimos do leite, como noutros países, como Francia”, dentro de cinco días empezará unha folga de entregas de leite ás grandes fábricas.