É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másEsta fin de semana, Vigo é a sede do primeiro ‘Street Stunts’ que se celebra no Estado
Fotos: vigostreetstuntsinternational.com/Vigo acolle, por primeira vez no Estado, un campionato internacional de Street Stunts, modalidade deportiva máis coñecida polas acrobacias que, utilizando o propio mobiliario urbano, executan saltadores a xeito de acrobacias.
A cita é esta fin de semana e nela tomarán parte os 16 mellores stunters do mundo, nun evento que se celebrará nun espectacular escenario de obstáculos deseñado e adaptado á fachada do Real Club Náutico de Vigo.
Vigo Street Stunts esta organizado pola axencia de publicidade e servizos globais Ideas de Percebe; dap·dap!, axencia de mercadotecnia online, contando coa colaboración de GUP (Galizian Urban Proyect), colectivo de atletas galegos especializados nesta actividade deportiva, consolidados no amplo panorama intercontinental como un referente do parkour e o freerunning. A proposta nace co obxectivo de converterse nun dos maiores espectáculos dentro das modalidades do denominado deporte urbano.
O Street Stunts é un tipo de actividade extrema practicada polos chamados street stunters ou stunters. Caracterízase polos seus elegantes e acrobáticos movementos, propios da ximnasia olímpica, definida baixo o nome de “ximnasia urbana”. Contén similitudes con outras disciplinas como as artes marciais ou o breakdance.
O Street Stunts caracterízase pola implementación de movementos extremos nas habilidades físicas do ser humano, como o Handstands (equilibrio ou parada de mans); Flips (máis coñecido como saltos mortais); o Barhold (ou bandeira) e que son mesturados, de xeito común, con movementos de igual similitude que os que se poden ver no Parkour.
Para o seu completo desenvolvemento Ideas do Percebe, dap·dap!, GUP e o arquitecto Juan Iglesias, do prestixioso estudo EUA, deseñaron un escenario de obstáculos que estará situado diante da fachada máis urbana do Real Club Náutico de Vigo, dende a que terá lugar a presentación dos stunters e se dará inicio á proba.
O evento estará arroupado con actuacións en directo de prestixiosos grupos de música, DJS e grupos de diferentes bailes da cultura urbana, que serán os encargados de dinamizar o espectáculo, tanto na xornada de adestramentos coma na de competición.