Galicia

Os gandeiros levantan o bloqueo ás industrias leiteiras ante os cambios de actitude de industria e distribuidores

Sin-título2Logo de semanas de mobilizacións e 5 días de ‘bloqueo’ ás empresas leiteiras esixindo prezos xustos para o leite, os gandeiros, decidiron, en asamblea, levantar o mesmo. Os membros da Plataforma en Defensa do Sector Leiteiro considerou que as medidas tomadas os días pasados por industrias e distribuidoras son un paso para a suba dos prezos- Vegalsa-Eroski e Mercadona anunciaron que subirán 2 céntimos o litro de leite e as industrias aseguraron que non executarán os contratos á baixa.

Segundo os cálculos dos gandeiros, nos días no que non entregaron nin deixaron salir leite das industrias perdéronse máis de 20 millóns de litros.

Agora os gandeiros, que advertiron que estarán vixiando todos os movementos no sector, confían en que haxa unha xuntanza no Ministerio de Agricultura o 22 de setembro na que asinaría o acordo entre todas as partes que podería estar en funcionamento a principios do mes que ven.

También te puede interesar