Vigo al minuto

Festa veciñal de Teis, este domingo, na ETEA

ETEAA Asociación Veciñal de Teis, organiza este vindeiro domingo, 20 de setembro, a X festa veciñal de Teis. Nesta edición celebrarase nos terreos da antiga ETEA, en concreto na praza de armas. «A elección do lugar non é casual. Facémolo para seguir a reivindicar o uso público destes terreos e o logro que supuxo para veciñanza de Teis e de Vigo, recuperar este espazo logo de estar tantos anos vetados ao ser terreos militares», indican os veciños.

A veciñanza esixe a recuperación total deste espazo para a veciñanza, «ainda hai moito por facer: a apertura de todas as instalacións deportivas, a construción de dotacións para o barrio, como unha residencia para maiores ou unha biblioteca, o desenvolvemento da Cidade do Mar ou o mantemento do paseo e do parque público existentes».

A festa inclúe como en anos anteriores un amplo programa de actividades:ás 12:30 horas. Banda de música Atlántida de Matamá; 14:00 horas. Xantar; 17:00 horas. Coral de Teis; 18:00 horas. Barafunda; 19:00 horas. Que che importa; 20:00 horas. Grupo de acordeóns de C.V.C de Valladares.

Xantar veciñal

Como en anos anteriores haberá un xantar na propia festa ao prezo de 20 € para socios e 25 € para non socios, cun menú de empanada, polbo, carne ao caldeiro, sobremesa, viños e café. Os interesados deben anotarse previamente no local da asociación até este mismo venres. Este ano, ademáis, como novidade haberá un posto de comida durante toda a festa para gozar do churrasco e do polbo.

Actividades infatís

Durante a festa habrerá un espazo e actividades para os pequenos do barrio, con inchábeis mañá (12:30 a 14:00 h) e tarde (17:00 a 20:00 h), obradoiros infantís de 17 a 20 horas e un contacontos ás 6 da tarde.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.