É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másO alcalde de As Neves conquire varios compromisos no desenrolo da PLISAN
O alcalde de As Neves mantivo, este luns na sede do Goberno e Galicia en Compostela, unha xuntanza, coa consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, a delegada da Zona Franca, Teresa Pedrosa, e o presidente do Porto e Vigo, Ignacio López-Chaves, en relación coa posta en marcha das obras de urbanización da primeira fase da Plataforma Loxística Salvaterra-As Neves e o desenrolo posterior da totalidade do proxecto da PLISAN.
Na devandita reunión, na que estiveron presentes tamén varios técnicos dos devanditos organismos, Xosé Manuel Rodríguez Méndez obtivo o compromiso da conselleira de dar inicio as obras en outubro e que, inmediatamente, como plantexou o rexedor, iniciarase a licitación das obras das plantas de depuración e tratamento de augas, logo das reunións técnicas entre Goberno Galego, Zona Franca, Porto de Vigo e Concello de As Neves. Asimesmo, as tres administracións implicadas incluirán nas súas axendas internacionais de negocios a captación de inversión para a PLISAN.
O alcalde esixiu durante a xuntanza que se dese solución as demandas de “todos e cada un” dos afectados pola expropiación dos terreos para a PLISAN, obtendo o compromiso dos representantes das tres administracións de que se acometería a mesma de xeito que, como solicitou Xosé Manuel Rodríguez, o mesmo tamén abranguese aos propietarios do millón de metros cadrados que quedaron fora do proxecto final do Porto Seco. Neste senso, a conselleira estivo dacordo en realizar unha reunión técnica que vaia avaliando a situación da PLISAN en relación co millón de metros cuadrados excluidos do seu ámbito.
Polo que se refire á garantía de conexión do saneamento de As Neves co da Plataforma Loxística, anunciada polo anterior alcalde popular, Raúl Emilio Castro, a conselleira deixou claro que a mencionada conexión non estará garantida ata que sexa asinado un convenio entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e os concellos de Salvaterra e As Neves, “convenio que implicará unha contrapartida por parte dos dous pola cantidade auga depurada”.
Por último, o alcalde expuxo a necesidade de por en marcha a construción da estación do tren, que depende no seu desenrolo do Porto de Vigo. O presidente deste organismo informou a Xosé Manuel Rodríguez, que o proxecto da mesma “está xa moi avanzado”.