As organizacións PAH Vigo-Tui-Baixomiño, RSP Vigo e Os Ninguéns convocan unha marcha solidaria, este venres, día 25, que sairá do Marco ás 7 e media da tarde e percorrerá Principe ata o Sireno e voltará ao Marco, con veas acesas. “Será unha marcha simbólica , para solicitar de xeito conxunto que dunha vez por todas se articule un Parque Público de Vivendas en aluguer social para a cidade de Vigo e comarca”.
Segundo subliñaron os organizadores, “lamentablemente existen moitas familias afectadas por desafiuzamentos hipotecarios, e tamén cada vez mais por impago de aluguer que necesitan unha alternativa habitacional urxente”.
Segundo denuncian estas organización, “tamén hai familias que polos seus baixos recursos son incapaces de acceder a unha vivenda digna, xa que están cobrando axudas sociais, que son insuficientes para costearse un aluguer. Hai veciños malviviendo en infrapensiones ou en casas con condicións insalubres, con problemas de humidades, de suministros”.
PAH Vigo-Tui-Baixomiño, RSP Vigo e Os Ninguéns piden que se garantan dereitos básicos e unha vida digna a todas as persoas e cousas tan basicas e elementais como: Dereito a Vivenda; parque público para a Vivenda de Aluger; aluguer social para as persoas en situación de vulnerabilidade que se atopen en risco de desafiuzamento; non Desafiuzamentos ,Aluger Social e Ninguen sen Alternativa Habitacional; dereito a unha alimentación adecuada e un fornezo suficiente de auga, luz e gas e acceso garantido a suministros básicos de auga e luz, poñendo fin aos cortes indiscriminados nos fogares vulnerables.