
A Marea de Vigo pediu este venres a “dimisión inmediata” de todos os cargos públicos que están citados a declarar como imputados na instrucción da coñecida como ‘Operación Patos’. Nunha nota de prensa enviada este mediodía, A Marea indica, “a falta de coñecer máis datos sobre as imputacións da Operación Patos, o Grupo Municipal da Marea de Vigo considera que ademáis das responsabilidades xudiciais que serán esclarecidas no proceso aberto, no que a Marea de Vigo presentará a solicitude de personación como acusación popular, hai responsabilidades políticas que deben de ser asumidas de forma inmediata”.
En base o “mesmo criterio que o grupo municipal seguiu no Pleno de investidura e nas peticións de apertura de comisións especiais de investigación”, A Marea de Vigo pide aos cargos públicos imputados no día de hoxe pola Xuíza de Instrución número 7, que presenten a súa renuncia aos cargos que ocupan na actualidade.