É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másSocialistas e nacionalistas acordan presentar unha moción de censura para recuperar a Deputación de Lugo
A Deputación de Lugo será gobernada, de novo, por un socialista–os últimos anos estivo á fronte da mesma o secretario xeral do PSdG, José Ramón Gómez Besteiro-.
PSOE e BNG chegaron a un acordo para reeditar o pacto de goberno dos dous mandatos anteriores e presentar unha moción de censura contra a actual presidenta do ente provincial, a popular Elena Candia.
Candia chegou ao seu posto logo de que o alcalde de Becerreá, o socialista Manuel Martínez, decidise absterse na votación para a elección de presidente, alegando diferencias cos seus compañeiros de partido que non o propuxeron para o posto.
As diferencias parecen arranxadas e Martínez está dacordo en votar a prol da censura a cambio de volver ao goberno provincial.