É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másAdmitidos 553 aspirantes nas oposición a 11 novas prazas para o control de finanzas públicas e loita contra a fraude
A Dirección Xeral da Función Pública admitiu 553 aspirantes para participar nas oposicións a 11 novas prazas nas escalas superior e técnica de finanzas da Xunta, que permitirán reforzar eidos prioritarios coma o control das finanzas públicas e a loita contra a fraude fiscal.
As listas provisionais de persoas admitidas nestes procesos selectivos publicaranse a vindeira semana no Diario Oficial de Galicia (DOG). Ademais, a relación de admitidos poderase consultar tamén no portal web corporativo da Xunta de Galicia, así como a relación de persoas excluídas, con indicación da causa de exclusión.
Nestas oposicións, a Xunta ofertará 3 prazas para a escala superior de finanzas (subgrupo A1) e 8 prazas para a escala técnica de finanzas (subgrupo A2). Do total de prazas, tres están reservadas para a promoción interna dos empregados públicos, e no caso de que queden desertas acumularanse á quenda libre. Ademais, unha das prazas resérvase para ser cuberta por persoas con discapacidade.
En total, foron admitidas 113 persoas que aspiran a unha praza na escala superior de finanzas, e 440 persoas para a escala técnica de finanzas.
Desde o día seguinte á publicación no DOG da resolución das listas provisionais de admitidos e excluídos, as persoas interesadas disporán de dez días hábiles para presentar reclamacións.
As convocatorias dos procesos selectivos para o ingreso na escala superior de finanzas e na escala técnica de finanzas publicáronse no DOG do 22 de maio de 2015.