Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer másRedondela renova o convenio coa Asociación Española contra o Cancro
O Concello de Redondela ven de asinar coa Asociación Española contra o Cancro o convenio anual polo que se lle adxudica unha asignación de 1.000 €. A asociación realiza unha importante laboura realizando actividades de axuda aos enfermos e familias de enfermos de cancro. Entre as actividades que levan a cabo están a de proporcionar apoio emocional e social aos enfermos e facilitar a súa integración, potencian a creación de grupos de voluntarios que participen en procesos de intervencón social.
O goberno Redondela leva catro anos apostando polo traballo desta asociación xa que está a dar apoio e loitando contra unha enfermidade moi presente na sociedade e que están a sufrir moitas familias da nosa vila.