Galicia

Concentración de brigadistas, este xoves, diante da sede do Goberno de Galicia en Compostela

Lume12Brigadistas que traballan na extinción dos incendios forestais en Galicia, concéntranse este xoves diante da sede da Presidencia e do Goberno de Galicia, en San Caetano, para denunciar as súas condicións de traballo e esixir melloras nas súas condicións laborais, algo que xa pediron á conselleira de Medio Rural hai preto de tres meses e que ainda non tivo resposta por parte de Rosa Quintana.

Os traballadores reclaman que se recoñeza a súa categoría de bombeiros forestais, que se convoque a oferta de emprego para cubrir estas prazas, que se garanta a súa estabilidade e que a consellería cubra as vacantes que se produciron no corpo.

Os brigadistas, que subliñan que este verán se queimou catro veces máis superficie que no verán do ano pasado, máis de 10.000 hectáreas, sinalan como a causa delo o feito de que máis da metade do persoal non estará operativo para facer fronte aos incendios xa que, preto do 25% da plantilla foi despedida logo de rematar os seus contratos,de tres meses, ao que se suma un 33% que estaba contratado por 9.

También te puede interesar