Galicia

A filiación á Seguridade Social en Galicia cae o triple que o paro e o 51% dos desempregados xa non cobran nada

CidadánsSegún datos do Ministerio de Emprego, a afiliación á Seguridade Social cae en 5.700 persoas, case o triple do que aumentou o paro. Mentres que o incremento do número de persoas desempregadas rexistradas nas oficinas de emprego aumentou en 2.005, o número de cotizantes descendeu en Galicia en 5.700, o cal obriga a preguntarse se esas 3.695 persoas desapareceron ou, o que parece a explicación máis plausible, sairon de Galicia para atopar un traballo.

Ademáis delo, sempre segundo os datos oficiais, so 106.539 parados galegos, o 49% do total, cobra algunha prestación, o que supón que o 51%- 109.198- non cobran nada. Das primeiras, so un 44%- en total 46.877 cobran unha prestación contributiva, mentes que o 59.661, isto é o 56%, perciben outras axudas, como a renda básica de reinserción, os famosos 424 €.

También te puede interesar