É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másInvestigan as contas e tarxetas de creto da muller desaparecida en Outes e dun home tamén desaparecido en Noia o mesmo día
O delegado do Goberno adiantou, este luns, logo de asistir aos actos do 12 de Outono, que os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado controlan os movimentos das contas bancarias e tarxetas de creto de Mónica París Ruibal, de 31 anos, desaparecida hai catro días da súa casa de Outes, e do home da mesma idade que tamén falta da súa vivenda de Noia dende o mesmo día.
Santiago Villanueva non quixo confirmar se hai relación entre as dúas persoas, comentando que so hai constancia da denuncia de dúas desaparicións, ainda que sí admitiu que se investiga a posible relación entre elas.
Hai que lembrar que o coche de Mónica apareceu na praia de Testal, en Noia e que non hai pista algunha do automóbil do home.