
O alcalde visitou este mércores o reformado parque infaltil da Praza da Independencia-que estará aberto dende este xoves- e que, logo dun investimento de 40.000 €, inclúe novos xogos e está acondicionado para a súa ampliación coa colocación dunha ‘tirolina’ de lado a lado da praza.
Segundo dixo Abel Caballero, o goberno local seguirá coa construcción de parques infantís e indicou que a este súmanse os de Pizarro e Teixugueiras, en Navia, xa rematados, e “macroparque que se fará na rúa Venezuela”.
Segundo o alcalde, par a súa se eliminará un carril de aparcamento e se ocupará unha parte da actual beirarrúa para duplicar o espazo dispoñible para pequenos e maiores. O rexedor referiuse tamén á reforma do parque infantil da Praza Elíptica que na actualidade está situado nunha zona pouco visible e que coa remodelación se achegará á praza onde se vai habilitar unha zona de fútbol pequena con dúas porterías para a práctica de deporte.