Comarcas

O alcalde de As Neves reúne este xoves á Comisión Local de Seguridade

Xosé Manuel Rodríguez, alcalde de As Neves
Xosé Manuel Rodríguez, alcalde de As Neves

O alcalde de As Neves convocou para este xoves, día 15, ás 9 da mañá, a Comisión Municipal de Seguridade no que, ademáis do goberno local, estarán presentes os representantes dos tres grupos políticos da Corporación- PP, BNG e PSOE- e o responsable comarcal da Garda Civil.

A convocatoria responde á preocupación dos veciños polos roubos e asaltos a casas do concello durante varios meses, unha preocupación que o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, asumiu sempre como propia, como puxo de manifestó cando, sendo xefe da oposición no pasado mandato, mantivo xuntanzas cos veciños e constantes contactos co subdelegado do Goberno na provincia.

A xuntanza será previa á constitución da Xunta Local de Seguridade e a unha entrevista co subdelegado, Antonio Coello, que se producirá nos vindeiros días, e posterior á reunión oficial que Rodríguez Méndez, que asumiu en persoa a Área de Seguridade do goberno, mantivo hai varias semans con mandos dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.

También te puede interesar