Galicia

Centos de traballadores do metal mobilízanse en Vigo contra o “bloqueo da negociación do convenio”

ManifestaciónTraballadores do Metal manifestáronse este xoves en Vigo para amosar a súa protesta polo “bloqueo da negociación do Convenio provincial”, logo de ducias de xuntanzas mantidas entre os sindicatos e a patronal dende o inicio deste ano.

CC.OO., UGT e CIG convocaran varias mobilizacións hoxe en toda a provincia para presionar á Patronal para que negocie un convenio que afecta a máis de 20.000 empregados.

As empresas queren cambios nos contratos de formación, nos eventuais, ofrecen limitar a contratación por medio de Empresas de Traballo Temporal e ofrecen un convenio cunha duración de dous anos. Ademáis queren subidas de salarios que non superen o 0,5% este ano- dende o momento no que se asine o acordo, non dende xaneiro-e do 0,75% en 2016.

Pala súa banda os sindicatos afirman que estas propostas, que cualificaron de “inaceptabeis”, o que buscan é que os traballadores perdan todos os dereitos conqueridos ata hoxe.

También te puede interesar